A Xunta e o Concello do Irixo abordan a humanización da contorna do colexio e do polideportivo municipais

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, abordaron nunha reunión mantida recentemente a humanización da contorna do colexio e do polideportivo municipais.

Este proxecto enmarcaríase na liña de subvencións do plan Hurbe, que xa financiou con anterioridade a rexeneración do conxunto de Santa María do Campo, por un importe de case 100.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hai máis dunha década que o Goberno galego impulsa o plan Hurbe co obxectivo de brindar o seu apoio ás entidades locais na execución de actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros.

Ademais, este concello tamén levou a cabo a humanización da travesía do Irixo ao abeiro da orde de axudas da Xunta destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes. Esta obra contou cunha subvención de máis de 67.000 euros.

Neste sentido, cómpre subliñar o compromiso do Goberno galego á hora de brindar apoio aos concellos para promover proxectos que contribúan a dinamizar as vilas galegas e mellorar a calidade de vida da veciñanza