A Deputación concede varias axudas destinadas a obras nos concellos da contorna

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de 1 millón de euros en subvencións para a execución de proxectos de infraestruturas, abastecemento e saneamento, urbanización de rúas ou eficiencia enerxética en trece concellos, ademais de axudas paras gastos de funcionamento de entidades culturais e deportivas.

Case 15.000 euros irán destinados para o soterrado de cables en Pazos de Arenteiro (Boborás); ademais outra achega por valor de 48.000 euros cada unha delas para a mellora de vías en Castrelo de Miño. E Leiro disporá de 32.000 euros para unha obra de acceso a persoas con mobilidade reducida.

AVANTAR ACTIVIDADES