Castrelo de Miño non abrirá as súas piscinas municipais por falla de socorristas

▪ O alcalde explicou a confirmación da Consellería de Emprego e Igualdade da
concesión da subvención para a contratación de persoal
▪ O Sepe remitiu 33 posibles candidatos que rexeitaron as demandas laborais

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, anunciou hoxe que debido á falla de persoal de salvamento ou socorristas non se poderán abrir as piscinas municipais.
O alcalde explicou que trala confirmación da Consellería de Emprego e Igualdade da
concesión da subvención para a contratación de socorristas demandou do Servizo
Público de Emprego ( 07, 13 e 21 de xuño ) sendas ofertar para acometer as
contratacións necesarias. O Sepe remitiu 33 posibles candidatos que rexeitaron as
demandas laborais.
Ante esta situación e a lexislación vixente en materia de salvamento, o concello de
Castrelo de Miño, vese na obriga de non poder abrir as piscinas.
Avelino Pazos expresa a súa contrariedade polas circunstancias acaecidas e deixa claro
que se trata dunha situación allea á responsabilidade municipal

AVANTAR ACTIVIDADES