Este mércores, día 13 presentación en OzocoGz do libro de Carlos Callón: ” O libro negro da Lingua Galega”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

mércores, 13 de xullo, dentro das actividades culturais que, dende a nosa tenda OZOCOgz Deseño Galego, imos desenvolvendo ao longo do ano teremos a honra de convidarvos a unha nova presentación literaria.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA“, de Carlos Callón.

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.
Nas súas páxinas abórdase a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Ábrese un camiño para o estudo das multas franquistas por “hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego”. Fálase da profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publícanse regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII.
Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Contaremos co seu autor Carlos Callón, Presidente de honra d’A Mesa pola Normalización Lingüística. Callón é licenciado en filoloxíasgalegaportuguesa e románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña. Exerceu como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis e no IES de Bertamiráns. Na actualidade exerce como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol Giner de los Ríos de Lisboa.

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor de libros como Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo.

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[6], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.
A presentación, tal e como podes ver no cartaz, farase diante da nosa tenda, na rúa Curros Enríquez e, en caso de que o tempo non nolo permita, trasladariámonos á Parrillada San Andrés, a escasos metros da loxa