O Consello Regulador da D.O. Ribeiro foi o escenario da cata das Distincións Gallaecia 2022 así como para a Guía Luis Paadín de Vinos y Bodegas de Galicia

A sala de catas do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, en Ribadavia, foi o escenario da cata para a concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2022” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2023 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 150 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos e tintos, que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados. Desta cata, cun 15% máis de viños que o ano pasado, sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos.

Pedro T. Sestayo, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como moi dinámica. “Os viños da colleita 2021, sendo unha anada moi complicada, son frescos, sen demasiada complexidade, onde a anada está moi marcada. Apréciase moito o traballo dos que o fan ben.  Atopámonos viños de colleitas anteriores,  como por exemplo algúns da 2020 ou 2019, que son espectaculares, gardan a súa complexidade da colleita e agora amósanse máis maduros. Considero que máis adegas deberían gardar os seus viños en adega e sacalos ao mercado máis tarde para que o público final poida gozar máis deles, como o facemos nós. Nos viños tintos saliento a súa enorme versatilidade, atopamos viños maduros, outros máis frescos, algúns nos que predominan os aromas primarios, outros con primarios e terciarios, e en xeral, non perden a súa frescura. Podémolos definir como moi atlánticos. En resumo, os do Ribeiro son viños moi versátiles e frescos. ”

AVANTAR ACTIVIDADES

Os profesionais que formaron o panel de cata foron:

  • Alberto Ruiz                     – Sumiller rte. Arbidel (Asturias) *Michelín
  • Alberto Tobes                  – Director Técnico Experimentación C.R.D.O. Ribera del Duero
  • Alejandro Paadín             – CEO Paadín.es
  • Aurelio Vázquez              – Sumiller e propietario Casa Aurelio (Santa Comba)
  • Isidro Rodríguez             – Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Iván Pateiro                     – Enólogo
  • Jacobo Domínguez          – CEO Distribuciones M&D (Santiago de Compostela)
  • Javier Facal                      – Sumiller Grupo A Mundiña (A Coruña)
  • Joel Forján                                   – Sumiller D’Lito (Santiago)
  • Juan Andrés Gómez        – Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Julio Blanco                      – Tesoureiro Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia
  • Manuel Corralero                       – Sumiller
  • Natalia Cid                        – Sumiller rte. Xardín de Anceis (Cambre)
  • Noah Chichester              – Tradutor especializado en viño
  • Pablo Fernández             – Sumiller
  • Pablo Franco                   – Director técnico do C.R. D.O. Ca. Rioja
  • Pedro T. Sestayo Riveiro            – Presidente Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia 
  • Santiago Castro               – Director Técnico do C.R.D.O. Toro
  • Víctor Facorro                 – Sumiller
  • Xabier Barcala                 – Sumiller