O escritor Ramón Caride Ogando nacido en Cea, premio Insua dos Poetas na categoria de Literatura

O próximo sábado día 16 e coincidindo ca celebración da XIV Festa da Palabra, que este ano esta adicada ao grupo Brais Pinto terá lugar a entrga dos Premios Insua dos Poetas

Xurado: Luís González Tosar ( Pte Fundinsua), Xavier Castro Martínez ( Secretario), Celso Sánchez ( Vocal), Antón Pulido ( Vocal), Diego Fernández ( concelleiro de Cultura do Carballiño), César Fernández Gil( Vicepresidente 2° DepOU) e Anxo Lorenzo ( Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades)

AVANTAR ACTIVIDADES

Na categoria de Literatura recibirá o premio o escritor Ramón Caride Ogando

Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense,1957) é un dos máis destacados escritores actuais das letras galegas. Autor de novelas como Soños eléctricos (Premio Branco Amor), Sarou/Louzós (Premio Café Dublín), Tempos de fuga (Premio Risco), O frío azul (Premio Lueiro Rei, Premio Templis-Fnac) ou as recentes Liquidación de existencias, O camiño dá Estadea e Terra queimada. Tamén publicou numerosos libros de relatos, entre eles Dedre, Endogamia 0.2, Flash-Black 13 e Singamia 1.1. Cultiva, así mesmo, outros xéneros, como o ensaio (O gume dous espellos, Catro x 34), a poesía (As máscaras de Cronos, Criptografías, A chuvia humana) e, sobre todo, a literatura infantil e xuvenil, cunha obra inxente, premiada con diversos galardóns. A sua pentalogía futurista As aventuras de Sheila e Said, ilustrada por Miguelanxo Prado, iniciada con Peligro vegetal, foi editada en galego, castelán e portugués, con gran éxito de crítica e múltiples reedicións

( Fonte: Grupo editorial Sial Pigmalión https://sialpigmalion.es/autor/?autor=caride-ogando-ramon )

Os outros PREMIADOS


Música: Bieito Romero ( músico e fundador de Luar na Lubre)

No apartado de Investigación e promoción cultural recibirá o premio o carballiñes Felipe Senén López Gómez


Artes Plásticas: Pilar Corredoira ( crítica de arte e curadora de exposicións)


Teatro: FETEGA ( Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, por 33 anos de teatro desde O Carballiño)

Cultura na Emigración: José María Vila Alén ( membro do Grupo Nós da Arxentina, fundador e expresidente do Centro Galicia de Bos Aires)


Cultura Rural: Cos pés na terra ( programa da TVG)

———————————————————————————————–

O escritor e critico de cine Miguel Anxo Fernández, na súa serie ” Terras de Carballiño e os seus escritores” adicoulle o seu capitulo nº 12 a Ramón Caride

Reproducimos o mesmo:

Miguel Anxo Fernández Fernández: Escritor, crítico de cine , historiador e Doutor en Comunicación Audiovisual


12-TERRAS DO CARBALLIÑO E OS SEUS ESCRITORES.

Ramón Caride Ogando (San Cristobo de Cea, Ourense, 1957). Un dos escritores máis prolíficos da literatura galega das últimas catro décadas, con preto dun cento de obras, en particular na especialidade infantil e xuvenil.

Licenciado en Bioloxía pola USC, comezou como profesor de ensino secundario en Madrid e Murcia, entre outros lugares, até a súa xubilación a finais do 2017 no IES Ramón Cabanillas, de Cambados, vila na que reside desde hai anos, e aí temos coincidido en esporádicos proxectos comúns.

Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da cambadesa asociación cultural A Santa Compaña, onde promoveu a revista homónima.

Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego. Creou as series xornalísticas Blues da fronteira (La Voz de Galicia), O libro de area (Faro de Vigo), e colaborou en suplementos culturais (Galicia Literaria, Faro das Letras, La Ría del Ocio, Arousa-Un mar de cultura).

É un dos iniciadores da CF galega e autor dunha das primeiras novelas do xénero nesta lingua, Soños Eléctricos (Xerais, 1992), galardoada nese ano co premio Blanco Amor de novela.

Tamén recibiu galardóns como o premio de Poesía Cidade de Ourense no 1994, por Flor no deserto; premio Merlín en 1995, por Perigo vexetal; Accésit do Premio Miguel González Garcés no 1998, por Xeografías do sal; premio Risco de Literatura Fantástica no 2003, por O sangue dos camiños; premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos), por A negrura do mar: premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2007, por O frío azul; e premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º de Primaria en 2014, por A pomba dona Paz, entre outros.

Como autor de relatos publicou tamén os volumes: Os ollos da noite (1990); Crónica de sucesos (1991); Lumefrío (1994); Fendas no tempo (1995); A incerteza dos paraísos (2000), Boca da noite (2003) e máis recentemente A velocidade crítica (2021).

É coautor de varios libros colectivos de narrativa como Narradores de cine (1996), Novo do Trinque (1997), E dixo o corvo… (1997), Palabras con fondo (2000), Historias para calquera lugar (2001), Longa língua (2002), ou Narradio (2003), entre os máis salientables.

Como poeta, ademais das citadas, tamén escribiu Diacrónica (2002), poemarios recollidos xunto a outros no recompilatorio As máscaras de Crono (Poemas 1994-2002).

Na súa produción infantil e xuvenil, marcada sempre pola problemática ecolóxica, aparecen títulos como: Micifú e os seus amigos (2000); Ruki, o rato robot (2003); e a peza teatral Historia dunha sobreira (2001); destacando a serie As aventuras de Said e Sheila, ilustrada por Miguelanxo Prado que apareceu completa con este título, no seu primeiro ciclo (Xerais, 2001).

Sheila e Said representaron unha auténtica novidade dentro do sistema literario galego, obtendo unha grande acollida entre o público xuvenil, desde a primeira entrega da serie, Perigo vexetal (Premio Merlín, 1995), obtendo un éxito inmediato, con sucesivas reedicións e traduccións ó euskera, español e portugués.

A esta obra seguiron Ameaza na Antártida (1997) e O futuro Roubado (1999). A cuarta entrega da serie, A negrura do mar, actualmente no prelo, publicaráse simultáneamente en Portugal e Galiza; e marcará o comezo do segundo ciclo destes personaxes.

[Para a redacción desta voz, foime de utilidade a biografía recollida na web da AELG].