O incendio forestal que afecta a Ribadavia arrasou 35 hectáreas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, orixinouse ás 22,30 h. da noite do luns e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control participan 5 axentes, 10 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O incendio rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia homónima, comezou ás 22,11 h. da noite do luns e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 35 hectáreas. Ademais, xa está restablecido o tráfico na estrada N-120 Vigo-Logroño, que fora cortado de forma preventiva para facilitarlle o traballo aos medios de extinción. No control deste lume levan traballado 1 técnico, 12 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 5 avións.