A residencia do tempo libre acolle a segunda quenda do campamento “Carbacrea”

O Concello do Carballiño acolle na Residencia de Tempo Libre un dos campamentos organizados pola Xunta de Galicia dentro das súas iniciativas para a xuventude. O seu nome é Carbacrea e hoxe recibiu a visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

As actividades xiran arredor da creación artística en convivencia coa natureza. Dentro da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, propóñense obradoiros creativos e participativos nos que se fomenta a inclusión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nesta edición os nenos achéganse máis tamén ao mundo streaming co auxe de plataformas como Twitch, Netflix ou HBO. O dixital está máis presente ca nunca nestes xoves que se terán que desenvolver en actuacións ou videocreacións de miniseries.

A primeira tarefa consistiu en instruír con formación no eido da comunicación e interpretación e achegarlle coñecementos sobre ferramentas dixitais. Nenos de entre 10 e 13 anos participan con ilusión nesta convivencia

O segundo grupo xa leva dende este luns e permanecerá na Residencia de Tempo Libre ata o próximo 18 de xullo. Tamén estivo presente hoxe o tenente alcalde, Manuel Dacal, quen deu a benvida ó Carballiño a estes mozos e amosou a súa colaboración de seguir mantendo a inciativa.