O Novo Cine de Leiro proxectará esta fin de semana o novo filme de Santiago Segura

O Novo Cine de Leiro actualiza a súa carteleira para esta fin de semana. Neste caso trae a terceira edición do filme protagonizado e dirixido por Santiago Segura, “Padre no hay más que uno, 3”. Xa chega o Nadal.

Os nenos rompen accidentalmente un pesebre da colección do seu pai e deben conseguir un igual, o problema é que é unha peza antiga única.O filme poderase ver o venres, sábado, domingo ás 16:00 horas, 18:00 horas e ás 20:10 horas; e o luns e xoves próximos, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES