O PSOE do Irixo recibe a Feira do Tellado, deste domingo, de xeito “agridoce”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A oposición socialista do concello do Irixo comparte a súa satisfacción ante o anuncio de retomar a Feira do Tellado, mais non aplaude a actuación do grupo de goberno do partido popular. Afirman que durante os últimos anos non tiveron en conta o patrimonio cultural que rodea este festexo e clasifican a iniciativa como “autopropaganda” do grupo político.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mentres que o evento tradicional tiña un enfoque comercial para os feirantes, na actualidade orientarase cara o lúdico e gastronómico. Porén, manterase a exposición de gando.

O Grupo Municipal Socialista do Irixo lembran que eles xa presentaran unha proposta de recuperación da feira en pleno municipal en 2017.