O Concello logra a colaboración de Deputación Provincial para mellorar o sistema de auga quente do Pavillón de Ribadavia, que ascende a 47.000 euros. Unha reivindicación que agora se cumpre e que deixa aínda pendente o cambio da pista central do Pavillón, que desde Ribadavia continúan a reivindicar.
O Concello de Ribadavia solicitou en febreiro de 2022 a obra de mellora do Pavillón en dúas fases: 1ª fase, o cambio de circuito de auga quente, e unha 2ª fase, cambio da pista central do Pavillón. Sendo só admitida só a primeira fase da mellora do Pavillón.
Neste sentido, unha vez admitida pola Deputación, a Xunta de Goberno Local de Ribadavia aprobou o proxecto da obra e todos os tramites administrativos para que a Deputación poida adxudicar esta obra o antes posible.
Así, solicitámoslle que axilicen a adxudicación da obra para comezar o antes posible, coa intención de que co comezo das ligas deportivas en setembro/outubro a obra poida estar rematada, e ocasionar o menor malestar posible.
Parabenizamonos pola colaboración conseguida para a reforma da caldeira e circuito AQS do Pavillón do Consello. Continuaremos traballando para conseguir tamén unha novo pavimento para a pista central do Pavillón do Consello.
Así, cabe recordar que no mes de febreiro foi aprobado no Consello Municipal de Deportes a petición e solicitude á Deputación provincial do cambio de pista do Pavillón de Ribadavia.
A pesar de existir dita solicitude e proxecto desde o ano 2019, desde a Deputación aínda non se aprobou dita mellora no Pavillón de Ribadavia.
A instalación dun novo pavimento ademais foi apoiado pola maioría de clubes e entidades deportivas que fan uso do Pavillón do Consello, e que subscribiron un Manifesto reclamando esta nova pista deportiva.
O Presidente do Consello Municipal de Deportes, o Concelleiro Enríque Rodríguez, agradece que se desbloqueara esta primeira mellora, e recorda que en Ribadavia continuaremos esixindo que a segunda fase da obra sexa realizada