Presentación de “El Alecrim” en Celanova

A súa autora, Beatriz C. Estévez Fontenla, falará da súa primeira novela este venres, 15 de xullo, ás 20h, na Casa dous Poetas

 A AUTORA ESTARÁ ACOMPAÑADA POLO TENENTE DE ALCALDE DE OURENSE, ARMANDO OJEA, E O ALCALDE DE CELANOVA, ANTONIO PUGA
 UNHA CARTA DATADA EN BANDE E ATOPADA NO RASTRO DE MADRID É O PUNTO DE PARTIDA DESTA NOVELA, QUE FICCIONA A VIDA DE VARIOS PERSONAXES REAIS NA GALICIA DOS ANOS 20

AVANTAR ACTIVIDADES

A escritora Beatriz C. Estévez Fontenla; o deputado provincial e tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea, e o alcalde de Celanova, Antonio Puga Rodríguez, participarán este venres, 15 de xullo, ás 20h, na Casa dos Poetas, na presentación de “O alecrim” (Hércules de Edicións, 2022), unha novela cuxa trama que mestura personaxes reais, de ficción e históricos, transcorre no Ourense dos anos 20 do século pasado: “A orixe deste libro está nunha carta real que o meu compañeiro e amigo Carlos López-Kéller atopou no rastro de Madrid. Chamoulle a atención que estivese datada en Bande (Ourense) pouco antes do alzamento do xeral Primo de Rivera en setembro de 1923”.


Así, a partir desta misiva entre o deputado Gabino Bugallal e o avogado e político Leopoldo García Durán, a escritora novela a historia de Francisco López do Río, xuíz do Carballiño que pide axuda ao Conde de Bugallal para deixar a xudicatura e ocupar a praza de secretario municipal. Como resultado desta petición, García Durán e López do Río ven envolvidos nunha serie de aventuras, amores e viaxes frenéticos por toda a provincia de Ourense ata chegar a Portugal, nunha historia na que se mesturan heroes e contrabandistas, co pano de fondo da guerra de Marrocos e o alzamento de Primo de Rivera.


Sobre a autora
Nada en Vigo en xuño de 1966, é avogada desde fai máis de vinte anos, actividade que compatibiliza coa docencia no Centro Superior de Hostalería de Galicia en Santiago de Compostela, onde vive. Especialista en Responsabilidade Social Corporativa, é Doutora pola USC. Participou na elaboración de varias das Leis Turísticas de Galicia e nas primeiras compilacións de normativa turística galega e estatal. Autora de varios manuais de lexislación turística e laboral, “O alecrim” é a súa primeira incursión pública na novela, aínda que escribe desde a adolescencia. As súas inquietudes artísticas levárona a participar nas óperas A Traviata e Aida. Actualmente canta como mezzosoprano na coral Madrigalia da Coruña.