Felipe Senén: “de monte de Mesego a cidade xardín e Parque do Carballiño”

Por Felipe-Senén

Unha das xoias das que presume o Carballiño – icona fotográfica en variedade de imaxes, tarxetas postais, lugar de encontro nas tardiñas soleadas – é o seu Parque Municipal, o que denantes foi  gran monte comunal da parroquia de Mesego. Amplo territorio divido en dúas partes paralelas e ao longo dos camiños e do río Arenteiro: a que está entre os vellos camiños do Carballiño a Mesego, atravesando o Souto das Táboas e a vella estrada da vila a Pontevedra; e o segundo tramo o que desta  mesma estada linda coas ribeiras do Arenteiro, ate a mesma Pena dos Namorados. Do primeiro tramo fíxose solares cos que especulou o concello, dedicándoos a un xeito de urbanización, entón moi en moda nas urbes, tipo Cidade Xardín: aquí urbanización de chalets, con Casa Cuartel incluída ( que logo se reedificaría para Xulgados) sobre a que campará a “Residencia de Productores”  dando cimo ao outeiro da Pilarica, lomba chamada así pola  decimonónica ermida de esta advocación, posiblemente arquitectura de X. Antonio Queralt Rauret,  a  que, ao construír a Residencia , se trasladou unhas ducias de metros cara ao Sur. Aquel emporio hoteleiro inaugurado en setembro do 1961.  Así é que, a partires da posguerra aquelas dúas estradas  foron bordeadas de novas edificacións.. Pola contra a parte que linda co Arenteiro  dedicouse a unha natureza cada vez máis controlada.

AVANTAR ACTIVIDADES
Parque, monumento H. Prieto, entrada

Monte de Mesego onde teñen aparecido restos arqueolóxicos da Prehistoria e da Antigüidade: machados paleolíticos nas ribeiras do Arenteiro, así como estruturas de cachoupas da Primeira Idade dos Metais, como tamén de época posterior, da Idade do Bronce (próximos á Residencia) como o gran núcleo, quizais santuario rupestre da Pena dos Namorados….ou grobas, pegadas de explotacións mineiras, estás máis próximas á entrada xeral ao Parque e cara ao Balneario… Asuntos dos que xa temos escrito e falado e que máis poden dar de si en futuras prospeccións.

A idea de Parque vaise maquinando  dende o ano 1924, en tempos do alcalde José María del Prado e pola teimosía , o entusiasmo e sensibilización do secretario do Concello Vicente Novoa Requejo. Encargase o plan de urbanización de boa parte do Monte Comunal  de Mesego ao arquitecto ourensán Manuel Conde Fidalgo , que proxecta, como recepción unha gran  campa de entrada, rodeada dos entón máis exóticos eucaliptos. Espazo que logo será centrado polo Monumento aos Irmáns Prieto,  escultura do  prestixioso escultor Mateo Larrauri, trasladado  e inaugurado no 1935, dando fin a un amplo debate, polo que,  en inicio se  pretendía  erguer  esta centrando a Praza Maior e onde se chegaría  a colocar a primeira pedra no 1921 e mesmo a completar a base-peaña. Plan abortado pra pasar  á devandita entrada  do Parque, onde no 1940  se complementa o conxunto coa construción dun quiosco-bar, de amplo aleiro de tella, tipo xaponés, así como cara ao río cunha enxeñosa obra en formigón, o Bar Tunel,  como un bunker que metido no terreo asomaba ao río.

Paque Carballiño, paseo (Foto de F. López para Arribas)

Neste punto alugábanse as enxebres barquiñas de madeira, unha testemuña etnográfica que nin pasou aos museos.  Paseos fluviais a remo  que tiveron o seu fin na tardiña dun xoves 26 de xuño do  ano 1947 cando  naquel mesmo lugar do río ocorreu a traxedia  da morte de dous  dos cinco  irmáns. Antonio e Juán da ben coñecida familia do comercio Rodriguez- Magariños. E aínda, menos mal, que nun dos lameiros da ribeira do río estaba co gando o Avelino Reque… que auxiliou e salvou ao resto dos irmáns alongándolle  unhas  varas …. Desgracia que ficou gravada no sentimento colectivo da vila.

 Dende a devandita entrada ao Parque  trázase  unha  estrada, entón  de terra , gran curva que se atopa con outra que  comezando nas ribeiras do Arenteiro, no antigo Matadoiro da Ponte Toscaña, continuaba cara á Lavandeira, isto é o que hoxe é Piscifactoria, pra volver unirse e pechar o ovalo da estrada ao xuntarse coa de Pontevedra. Avenida de circunvalación que recibe o nome Vigo, e a diagonal dedicada a Vicente Novoa á que abren pequenos camiños que levan a pequenas e circulares prazas terreiras, rodeadas de  bancos e mesas  de pedra. Proxecto que incluía algunha rotonda, unha pequena, sinxela pero xenial fonte no seu trazo: de perímetro  achanzado, poligonal, no fronte dous canos. Paseos complementados con  monolíticos indicadores, altos, troncopiramidais, con lembranzas a algo exótico, exipcio…con letras en bronce, dando nome ás avenidas… que tamén serviron de diana ao vandalismo.  E xa se sabe, tamén a ilustración municipal de cada tempo deixará a súa pegada: o innecesario intervencionismo, a ameaza contra o idioma da natureza , a que simplemente precisa coidala e limpala.

Natureza  complementaria do Balneario, ante a tentación  do intervencionismo

Presumíamos dos altos e sonoros eucaliptos do Parque, bordeando o perímetro daquela entrada, como un complemento aromático que ben lle aquecía aos augüistas que buscaban onde esparexerse e respirar puro. Paseo entre variedades de pinos, do país, insignis, marítimos, vermellos piñoneiros, abetos, cedros, tileiros, chopos,… e como non, carballos tradicionais e americanos.  As labores  forestal , non se detiveron, continuaron sempre.

Parque Carballiño, fonte

No pleno municipal de 2 de febreiro do 1929 o concello determina por á venta terreos que lindan coa estrada de Pontevedra, parcelas de 820 metros cadrados, daquela a un prezo de 2000 pesetas, ao que deu o visto bo o Ministerio en xullo de 1933, segundo conta Fariña Jamardo. O perito Sánchez Bóveda  distribuíu  as parcelas e puxo as condicións de edificación. Trámanse as primeiras construcións, entre elas a do Chalet Souto das Táboas, Bértolo, Xeitosiña, Tecla…o do mesmo do enxeñeiro Enríquez Parrondo, a quen, no  1948 se lle encarga un novo plan parcelario, agora ata a zona da Lavandeira para novas construcións: o Lar da Nai,  Suárez, a Casiña dos Varela Ogando, Liaño Flores, o dos Lamas, Santorum, Alonso de Vilacha…Encargos dunha nova burguesía, vinculada a emigración, á empresa ou á mesma política; proxectos guiados  baixo a firma de significados arquitectos: Francisco Castro Represas,  Manuel  Conde Fidalgo, Antonio Alés Reinlein…mesmo algún sobranceiro nome da arquitectura mexicana de vangarda.

Nos anos sesenta , dentro dese  orgullo do Parque, dedicouse un espazo a  cancha de baloncesto e mesmo chegou a crearse un competente equipo e afección…sobre ese campo tramáronse outras e outras intervencións… zona inmediata  á fonte na que se fixeron  escavacións  pra unha piscina olímpica… que non chegou a rematarse. Ampliouse o quiosco de entrada , déuselle o nome de “o  Pote” e nel fáisenos imprescindible as atencións e simpatía do Felipe Gallego. Cavilábase entón en amplialo, agora dende o Balneario á Ponte Veiga polas ribeiras do Arenteiro, incorporando a Ponte medieval de Veiga, os muíños do Cuco co Viaduto, a famosa fonte do Cornubal…  Plans que nas mudas de goberno municipal foron mudando

Aínda ribeirando o Arenteiro quedaban algunhas fincas privadas, como as Barcias, próximas tamén a aquel  serradoiro con galpón aberto, con nora de madeira que facían xirar a auga das canles abertas no Arenteiro. Contaba ademais, baixo os bidueiros, cunha sombría presa, no verán medianamente concorrida polos bañistas. A unha e outra banda deste serradoiro, erguíanse as provisionais torres de barrotes de madeira  pra comercializar… O que vimos funcionar, en abandono e derruír, como a nora podrecía…. Pintoresco paseo do que coido, a penas quedan fotos. Nos anos setenta abriuse unha máis ampla vía bordeando o Arenteiro que borrou aquel pasado.

Dende 1964 o Parque serviu como gran campo de romaría pra celebración, en cada segundo domingo de agosto, da Festa do Pulpo…e a partir diso novas intervencións: construción dunha fonte eneacrina, isto é de nove canos, casetas pra os servizos, etc…

Máis modernamente fíxose un novo reprantexamento biolóxico: en febreiro do 2008 pincharon cada un dos  que eran os grandes e ameazantes eucaliptos , os que aínda tiñan tatuados, a punta de navalla, corazóns e egoísmos, os que , garbosos se abaneaban co vento, cantando  un  ronco son, mesmo  entre aqueles árbores , como gardiáns da entrada,  había algún do que contaban tiña unha cobra dentro, outros que choraba….e nun xeito  de rito animista,  petabamoslle cunha pedra  ferindo  a  súa cortiza…eran as ramas, arriba, que rozaban unha coa outra, rexendo ao longo. Suplantáronse por  árbores de folla caduca, fallas, as que, en cada estación devalan en suxestión de cores, do verde ao ouridourado e  ao roxo….nas bandas exóticos magnolios,  camelias, tulipaneiros…. e todos novamente contentos.

 Cavilamos en grandes e atractivos parques, na súa entrada cos seus centros de recepción de visitantes: construcións homoxéneas, respectuosas co medio, que contan con servicios, cafetería, mesmo coa taberna ou mesón típico, tenda de souvenirs e bibliografía, como un centro de interpretación ou museo contando o que contamos, a historia, as características do sitio… E penso, como seguramente cavilan, os moitos arquitectos carballiñeses, de hoxe,  nunha construción sinxela, aberta, transparente, sígnica  que sirva para  dar servizo, sensibilizar a máis de xerar recursos.

—————————————————————————————————

Traxectoria e obras de Felipe Senén

—————————————————————————————————

Outros artigos de Felipe Senén:

Felipe Senén: Lalín, o Carballiño e o ir e vir do pintor “Laxeiro”

Felipe Senén: “Xoán Xacobe Fernández, o franciscano de Moire e mártir en Damasco”

Felipe Senén: “As Adegas, un idílico e misterioso lugar no ribeiriño do rio Varón”

Felipe Senén: “O profesor de debuxo, os carteis e as iniciativas de Felipe-Luis López”

Felipe Senén: ” O gran fotógrafo Alberto Martí e o Carballiño

Felipe Senén: “A Pena de Queiras entre os outeiros, “ou altares” que coroan o Carballiño “

Felipe Senén: “Veremundo Arias Teixeiro, de Cabanelas, persoeiro barroco nos anos da Ilustración”

Felipe Senén: “Flores, o barrio da parte de atrás do Concello”

Felipe Senén: “A saga familiar do arquitecto Gallego Jorreto e o Carballiño”

Felipe Senén: “Arredor das pontes sobre os ríos do Carballiño”

Felipe Senén: A fervenza artificial do Arenteiro nas Tres Penas

A Praza de Abastos: catedral do mercado gastronómico e que, de vello, honra ao Carballiño

Pregóns, aturuxos, voces, músicas ou asubíos do meu Carballiño

O bulir da feira do Carballiño arredor do sitio da súa orixe: a Praza Maior e a Igrexa Vella

O Campo da feira do meu Carballiño

A peregrinación a Compostela dos de “Nós”, con parada e fonda no Carballiño

Vicente Risco e a peregrinación como ascese. A viaxe a pé de Ourense a Compostela…polo Carballiño

Fariña Jamardo, algo máis que singular secretario do concello do Carballiño

O Carballiño nos horizontes da Trasalba de Otero Pedrayo

O Río Arenteiro, vea de auga, de economía, de historia e cultura

Francisco Luís Bernárdez, o poeta masidao que levaba prendido o panteísmo galego

O Castro de San Cibrao das Las enxergando as bocarribeiras e os ribeiros

Chamoso Lamas e os vellos e grandes muíños de Moldes

O Románico, documento da misión humanista no territorio do Carballiño

Banga dos pazos e a súa Igrexa de Santa Baia: antoloxía cultural dos Ribeiros

Inspiradores ires e vires de Marineda á Vilamorta no Ribeiro dos Quiroga

Os arrieiros do Carballiño…e un curioso documento

Un paseo a través da arte do imperial Mosteiro de Oseira

O mosteiro de Oseira… lección de historia e arte

Manuel Chamoso Lamas e a xestión do Patrimonio Cultural

Cando a orixinalidade radica nas orixes: arredor da feira do Carballiño

Outros apuntamentos para a historia do cine no Carballiño

A Residencia do Carballiño: os promotores, o arquitecto, os residentes…

O monumento aos irmans Prieto do Carballiño e o seu escultor Larrauri

Arqueoloxía do Megalitismo nas Terras do Carballiño: as mámoas, medorras, medelas…

As pantasmas do histórico “Gran Balneario do Carballiño”

Arredor do paleolítico nas terras do Carballiño, as pescudas…

O mes de maio no Carballiño…. “aqueles días azuis e este sol da infancia”

Ramón Bernárdez González, un carballiñés na “Cova Céltica” e fundador da Academia Galega

A Igrexa Vella do Carballiño coa súa gabanciosa torre

O desaparecido chalé “Col” e a lembranza da emigración carballiñesa a Cuba

O biscoito “meimón” do Carballiño e a súa receita recollida pola Pardo Bazán

Aquelas Semanas Santas carballiñesas, de ramos, carracas, caladiños e Pascua Florida

Arqueoloxía pendente: a das grandes minas auríferas de Loureiro, no Irixo

Unha abraiante xoia da arqueoloxía: a arrecada de ouro do Irixo

Memorias da Coresma

As tradicións do Entroido do Carballiño

A Casa Consistorial do Carballiño, prototipo de inquedanzas decimonónicas

A novas revisións máis “ CASTROS” nas terras do Carballiño

O Catálogo dos Castros do Carballiño do 1930… e máis que hai

Lembranzas do Nadal de noutrora no Carballiño

Os esquecidos cantos de Nadal, Aninovo e Reis do meu Carballiño

O reloxo da Consistorial do Carballiño e o seu xenial autor

A Veracruz do Carballiño: lección de pedras, arte dos canteiros e da historia da arquitectura

Pepe Prada, un premio á creatividade, á constancia e á dignidade na cultura

A devoción aos santos Martiños, celebrados con Magostos en Galiza

Mes de santos, defuntos e magostos no Carballiño de noutronte

A Fonte de Flores, abrindo ao Carballiño

Un exemplo de destrución cultural : a Igrexa de San Paio de Loeda, Piñor de Cea

A parroquia de Loureiro, no Irixo, e o arquitecto neoclásico Loys Monteagudo

Lembranzas de pintura mural no Carballiño

Machados de “tope” da Idade do Bronce atopados no Monte de Mesego

A imaxe do San Cibrao do Carballiño e o seu escultor, Aldrey

As augas e as fontes do Carballiño

Vestixios de habitat e sepulturas da Primeira Idade dos Metais no Parque do Carballiño

Noticia sobre restos romanos no patio traseiro do Grupo Escolar do Carballiño

O pintor de Marín Manuel Torres no Carballiño

E así naceu “o Cantigueiro de Orcellón” de Manuel María e algo máis…

Manuel María, o Carballiño, as bocarribeiras e os ribeiros

A madeira nas máis antigas construcións do Carballiño

Pasado e tristeiro presente da Estación de Ferrocarril do Carballiño

O sitio arqueolóxico da Pena dos Namorados

O Castro de Cameixa referente na arqueoloxía galega

Terra, Auga, Aire e Lume no San Xoán de antes

Historias e lendas arredor do Puzo do Lago, Maside

Apuntamentos arqueolóxicos sobre as terras do Carballiño