O concello buscará tamén o selo de interese turístico galego para a Festa da Cachucha

O programa cultural deste verán trae máis de cen actividades, que xa levan máis de medio mes con varios pratos fortes. Ademais, este ano a Festa do Pulpo recupera o seu formato tradicional, e este será o primeiro ano no que xa está recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional. Este é un logro de moitos anos de esforzo, e de moita xente implicada.

Por outra banda, o concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, tamén quere impulsar a Festa da Cachucha, ligada ó entroido de inverno e que cada ano colle máis peso. Dacal anunciou a pretensión de conseguir que sexa declarada como Festa de Interese Turístico Galego.

AVANTAR ACTIVIDADES