Empresas que están a facer obra pública baleiran alí os escombros coa connivencia do goberno municipal.
Xa comezaron a aparecer restos doutras obras e de podas e o malestar dos veciños vai en aumento.
O desleixo do goberno municipal do Carballiño por calquer cousa que non sexan festas e asfalto segue a deixar imaxes desoladoras no noso pobo.
En días pasados, recibimos a queixa de veciños de Señorín de que no alto do Monte da Pena comezaban a acumularse unha gran cantidade de verquidos procedentes de restos de obras e de podas.
A sorpresa foi en aumento cando foron informados por algún dos conductores dos vehiculos que alí se dirixían de que foi o Concello quen lles indicou onde tirar os refugallos.
Se xa é preocupante o gran número de pequenos vertedoiros ilegais que hai polos nosos montes adiante, é imperdoable que o goberno municipal alente estas prácticas. Dende Espazo Común demandamos a Fumega e Ao seu equipo un respecto polo medio ambiente, pola lexislación vixente e, sobre todo, polos veciños que teñen que aturar as consecuencias das súas prácticas.