Renan Zanelli despídese definitivamente do clube deportivo Arenteiro

O Clube Deportivo Arenteiro non contará para a tempada 2022-2023 co seu máximo goleador, Renan Zanelli. Fran Justo segue a confeccionar unha nova plantilla e ante a última despedida de Víctor Eimil, que xa anunciou a súa chegada ao Hércules de Alicante CF, o atacante Renan Zanelli é a seguinte marcha. O centrocampista brasileiro é agora unha das opcións que baralla o Zamora CF para loitar polo seu ascenso á 1º RFEF.