A Cig anuncia que o Comité de empresa da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Ourense quere denunciar a intención da Xunta de Galicia de deixar sen vacacións a parte do seu persoal

NOTA INFORMATIVA DA CIG

O COMITÉ DE EMPRESA DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE QUERE DENUNCIAR A INTENCIÓN DA XUNTA DE GALICIA DE DEIXAR SIN VACACIÓNS A PARTE DO SEU PERSOAL.

AVANTAR ACTIVIDADES

A FALTA DE PLANIFICACIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE PON EN RISCO AS VACACIÓNS DE VERÁN DO SEU PERSOAL

Un ano máis a Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Ourense demostra o seu desleixo polo persoal propio e a súa falta de planificación e organización ameaza con que o persoal non poida coller vacacións no verán, sobre todo no mes de Agosto.

A día de hoxe, non hai persoal nas listas de contratación da Xunta de Galicia nas categorías de Enfermeira/o nin de TCAE (Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería) polo que se lle está a advertir ao persoal que, moi probablemente se lle teña que denegar as vacacións ao persoal no mes de agosto.

Esta circunstancia ven agravada polo remate de contrato de persoal en acumulación de tarefas a finais deste mes de xullo, persoal que, mes tras mes, ven demostrando que é imprescindible para o bo funcionamento das Residencias de Maiores pero que a Xefatura Territorial se nega a prorrogar ou, o que dende o Comité de Empresa estamos a esixir de continuo, a incrementar a plantilla de persoal, sobre todo nestas categorías sobrecargadas de traballo.

Dende o Comité de Empresa queremos lembrar que as vacacións están pedidas dende o mes de marzo, polo que de ningún modo ten xustificación o dicir que a xullo non se atopa persoal de substitución, cando tiveron 5 meses para xestionalo e non o fixeron.

Existen solucións de abondo para abordar esta circunstancia, tales como as recollidas na LEI 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, na súa Disposición adicional primeira. Medidas especiais en materia de listas de contratación de persoal laboral temporal ou de persoal funcionario interino durante o ano 2022 recolle, entre outras medidas, as seguintes:

“a) solicitarse directamente do Servizo Público de Emprego, sen prexuízo dos demais procedementos establecidos; ou b) acudirse opcionalmente á relación de penalizados da categoría profesional, corpo ou escala correspondente que solicitaron a reincorporación; ou c) acudirse aos integrantes das listas que solicitaron a inclusión durante o ano en curso, no caso de que non estean publicadas as listas definitivas e lles corresponda ser admitidos; ou d) acudirse á relación de penalizados que non solicitaron a reincorporación”

Pois ben, medidas que, dende a Xefatura Territorial se negan a implementar, pondo en risco o dereito as vacacións que todo traballador ten.

Non lle chega a Política Social que o persoal leve 10 anos traballando domingos e festivos gratis, senón que agora pretenden que non teñan vacacións.

Dende o Comité de Empresa ESIXIMOS a inmediata contratación do persoal necesario para cubrir as vacacións as que todo traballador ten dereito.