Antonio Blanco novo coordinador comarcal dos socialistas de Ourense

Antonio Blanco foi elixido coordinador do PSdeG-PSOE na comarca de Ourense, á que pertencen as agrupacións de Ourense, Allariz, Amoeiro, Barbadás, Esgos, Maceda, Coles, Baños de Molgas, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Ambía, co obxectivo de preparar o
partido de cara ás próximas eleccións municipais.
A elección fíxose pública nunha reunión celebrada este martes coa presenza do
secretario de organización da Agrupación Provincial Socialista de Ourense,
Diego Alonso, e da secretaria xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de
Ourense, Natalia González, xunto a voceiros e representantes de outras
agrupacións locais da comarca.
Blanco, mestre xubilado, secretario de política institucional da UXT na comarca
de Ourense, Verín e O Barco e membro da actual comisión executiva municipal
do PSdeG-PSOE de Ourense, traballa xa co horizonte das eleccións municipais
de 2023 e afronta o reto de “mellorar os resultados, manter e aumentar a
representación socialista en todos os concellos, aportando ilusión, honestidade
e un proxecto progresista centrado en dar solucións aos problemas da xente no
seu día a día”.