Maña venres no Sete Flores as 21:30 h Concerto de Skadelos

Mañá venres temos unha cita coa banda local Skadelos no pub Sete Flores ás 21:30. Para adquirir as entradas, haberá un desconto se se fai vía online de maneira anticipada, cun prezo de 5€. Pódense conseguir a través da páxina web ou mesmo acceder dende o propio código QR que aparece no cartel. De esperar e compralas en taquilla, o seu prezo será de 7€.

Os integrantes da banda carballiñesa Skadelos xa están a percorrer a xeografía galega tocando temas como “Gravado a Ferro” ou “Estarei”. Burela, O Barco e O Hío xa puideron desfrutar deles en concerto. Mañá aseguran algunhas sorpresas e novos temas na súa vila natal.

AVANTAR ACTIVIDADES