O xoves, 21 de xullo, ás 19 horas terá lugar na Fundación Vicente Risco unha nova xornada músico-gastronómica de Os xoves da Risco.

Haberá unha visita guiada á Fundación Vicente Risco ás 19 horas; un viño de benvida ás 19:30 horas; un concerto ás 19:45 horas a cargo do grupo Comando Curuxás. que é un trío que rematou por ser quinteto que bebe da música tradicional e popular bailable de Galiza e resto de Europa. E para rematar estas xornadas que tanto éxito están tendo unha degustación de petiscos de cociña fusión galego-venezolana ás 21 horas.O prezo é 20 euros persoa e 15 para mecenas da Fundación.As prazas están limitadas a 40 sendo necesario inscribirse enviando un correo electrónico indicando nome, apelidos e teléfono de contacto a secretaria@fundacionvicenterisco.com