Un grupo de veciños de Arcos denuncia a situación que sofren nas súas vivendas por problemas co subministro de auga dende fai moito tempo. Aseguran falta de presión e caudal nas súas instalacións dende hai arredor de 6 meses debido a unha suposta rotura á que a empresa Viaqua ( antes Acuagest ) non lle pon solución.
A portavoz dos veciños indica que xa fixeron reclamacións á empresa a través do concello en numerosas ocasións e a resposta non se materializa en actos.