Boborás anunciou a renovacion dos xogos para os nenos

Con cargo a subvención de Infraestruturas da Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia acometeremos este ano a reforma e mellora de 5 parques infantís do noso municipio de Boborás.

Trátanse dos de Moldes, Laxas, Cameixa, Feás e Brués e cunha inversión de 48.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O ano que ven tamén prevemos ampliar o parque actual no entorno do pavillón así como outros parques doutras localidades como Albarellos, Vilachá, Astureses, O Regueiro…e a construcion de novos espazos onde non hai nestos momentos elementos destas características