Víctor Pulido será o adestrador do equipo feminino do C.D. Arenteiro

O C.D. Arenteiro da un paso máis na conformación do seu equipo feminino, unha das grandes novidades deste ano, e ademais con moi boa acollida entre as rapazas. Víctor Pulido será o adestrador do equipo. Víctor, experimentado adestrador, adestrou en equipos como C.D. La Purísima, U.D. Ourense, Altético Vilariño, Atlético Arnoia e o C.D. Badajoz B (en 3 RFEF).

Estará acompañado por Alba Rodríguez, quen xa participou en todas as xornadas de iniciación que fixeron ao longo do ano, con experiencia como xogadora no Santa Cruz de Arrabaldo, U.D. Ourense, Seixalvo, A.D. Bosco e o E.F.F. Rosalía.

AVANTAR ACTIVIDADES

E tamén Paqui, xogadora no Atlético Torcal e no C.D. Las Pirámides, ambos equipos malagueños. Tamén no equipo ourensán E.F.F. Rosalía.