A música de Herdeiros da Crus encheu por completo o Carballiño

O grupo carballiñés The Impossiblues, banda local formada hai uns anos e actualmente de xira por Galicia, promocionando seu blues rock clasico, fixeron de teloneiros no concerto de Heredeiros da Crus esta pasada fin de semana. Unha actuación, a única na provincia de Ourense que fará o grupo, e que encheu por completo o Carballiño. Este día era unha cita moi esperada desde hai tempo os seus seguidores, polo que ata se superaron as expectativas.  Puidemos ademais compartir con eles un anaquiño previo o concerto, no que nos falaron das súas últimas andanzas.

A súa música en galego xa suma un gran número de adeptos, aínda que fora de Galicia hai moito que facer. Falan de Tanxugueiras, entre outros grupos, que están abrindo un camiño de oportunidades.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta fin de semana houbo máis música, co festival feito no Carballiño con SEZZ & CONVIDADOS e  BREOCÁNS na  Praza Maior.