As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia inclúen tres proxeccións para nenos e nenas no Auditorio Manuel María en horario de mañá

– “Lunáticos”, “Ainbo: o espírito do Amazonas” e “Valentina” son os tres títulos que farán que os máis pequenos vivan no Carballiño un verán de cine

-As Xociviga celebraranse na vila do 27 ao 31 deste mes de xullo e ampliarase a programación nesta edición número 38 con máis dunha decena de películas en diferentes escenarios, ademáis de dúas master class

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño volverá a vivir un verán de película. Será da man das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, que se celebrarán do 27 ao 31 de xullo e que nesta edición, a número 38, amplíase a programación con máis dunha decena de proxeccións e dúas máster class. Os nenos gozará de gran protagonismo e a eles diríxense os seguintes títulos: “Lunáticos”, “Ainbo: o espírito do Amazonas” e “Valentina”. Ofreceranse en horario de mañá, a partir das 11.00 horas, no Auditorio Manuel María.

O xoves 28 de xullo proxectarase “Lunáticos”, baseada nun dos libros infantís máis populares de Alemania, “Moonbound”.  Para o venres 29 agárdase a película “Lunáticos”, “Ainbo: o espírito do Amazonas”, sobre unha nena que vive no máis profundo da selva amazónica, mentres que o sábado 30 ofrecerase “Valentina”, que trata dunha nena que soña con ser trapecista, pero que cree que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. Ofrecerá unha lección sobre a integración social.

O público adulto poderá disfrutar do cine en dous escenarios: no Auditorio Manuel María e no entorno da Veracruz. Este é o programa detallado con horario e os diferentes espazos do Carballiño nos que se desenvolverá:

Mércores 27:

“El buen patrón”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María.

“Espíritu Sagrado”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.

Xoves 28:

“Tres”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María

“¿Qué hicimos mal?”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.

Venres 29

“La Voluntaria”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María

“Jacinto”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.

Sábado 30

“Cinco lobitos”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María.

“Melancolía”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.

Ademais, ofreceranse dúas master class na Casa da Cultura a mediodía. A primeira delas terá lugar o xoves 28 e será impartida por Chema García. A segunda, programada para o venres 29, será dirixida por Liiana Torres.

O domingo proxectaranse no auditorio as curtas no nominadas do concurso, a partir das 18.30 horas. A entrega de premios será as 22.30 horas no entorno da Veracruz e, seguidamente, haberá os concertos de Abuela te quiero e de Eme DJ.