Gabriel Alén califica as actuacións realizadas polo ‘Obradoiro Terra de Mosteiros 2021’ como “un traballo para a veciñanza”

Esta mañá na clausura, supervisou, acompañado dos alcaldes da Mancomunidade de Ourense,  os traballos dos alumnos – traballadores

  • O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 366.446 euros,  formou a 20 alumnos – traballadores  nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10) e revestimentos con pastas e morteros en construción (10)
  • Gabriel Alén explicou que a formación impartida está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación
  • O representante do Goberno galego subliñou que a Xunta de Galicia financia 27 obradoiros duais de emprego, un 69% máis que a convocatoria anterior (16), que se desenvolven en 81 municipios da provincia de Ourense, un 88% do total de concellos da provincia

“Un traballo feito para a veciñanza”; así o manifestou esta mañá en Paderne de Allariz o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na clausura do obradoiro de emprego Terra de Mosteiros 2021, tras supervisar as actuacións desenvolvidas polos alumnos acompañado dos alcaldes da Mancomunidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este Obradoiro, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 366.446 euros,  formou a 20 alumnos – traballadores  nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10) e revestimentos con pastas e morteros en construción (10).

 O delegado territorial destacou que a formación que se impartiu nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque agora dispoñedes dunha formación que vos faculta profesionalmente e seravos máis doado atopar un emprego”.

Gabriel Alén sinalou que é meta dos obradoiros duais de emprego o incremento das oportunidades laborais dos galegos e galegas. Teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man dos expertos que a imparten; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos, así como a prestación de servizos de interese xeral e social; ademais de colaborar coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

O representante do Goberno galego subliñou que a Xunta de Galicia financia 27 obradoiros duais de emprego, un 69% máis que a convocatoria anterior (16), que se desenvolven en 81 municipios da provincia de Ourense, un 88% do total de concellos da provincia e un 59% máis de beneficiados co ano anterior (51) e supoñen a contratación de 532 persoas, un 70% máis, entre alumnos-traballadores, persoal de dirección, administración e monitores ca edición 21/22 (313), aos que destina 9.394.152,80 euros;  un 74% de incremento (5,4M de euros).

Actuacións

No Concello de Esgos os participantes desenvolveron tarefas de acondicionamento do lavadoiro de Meiroás; acondicionamento da Aira das Pallozas e muro perimetral existente no conxunto das pallozas; tratamentos silvícolas no enlace entre o Monte Litoria e o Camiño Natural da Ribeira Sacra.

No Concello de Nogueira de Ramuín realizaron actuacións de mantemento da ruta sendeirismo Maquiño Largaño; tratamentos silvícolas sobre redes secundarias e terciarias de xestión da biomasa forestal ;  acondicionamento do entorno dunha fonte en Cerreda Corgo da Fonte e de acondicionamento do conxunto de elementos dunha fonte en A Tellada.

En Paderne de Allariz desenvolveron tarefas de adecentamento da Aira de Caxamonde Obras para a conservación do Forno de Caxamonde ;tratamentos silvícolas na area recreativa de Caxamonde ; limpeza do entorno dun lavadoiro no lugar de Caxamonde; tratamentos silvícolas na area recreativa do Pazo ; recuperación das beirarrúas no lugar A Beirada; limpeza das inmediacións dunha fonte e un tanque ubicados na Beirada; limpeza do entorno do lavadoiro en Ousende; limpeza do entorno dunha fonte en Ousende ; limpezas de mantemento da area recreativa do Moredo; recuperación dun noiro na Costa; tratamentos silvícolas no Lugar de Outeiros; mantemento das estruturas de drenaxe das augas de escorrentía nas pistas forestais do entorno de Cantoña; mantemento das taxeas abertas e vados empedrados na pista forestal en Cantoña ; limpeza e adecentamento das beirarrúa na OU101-OU102-OU0102.

No concello de Parada de Sil realizaron actuación de adecentamento do entorno da nave da castaña; pavimentado dun camiño no Lugar de Guendon; acondicionamento de seis fontes e lavadoiros en San Lorenzo, Fondevila, Sardela 1, Sardela 2 , Campo da feira, Parada e O Porto; tratamentos silvícolas en Cabezoá, Trabancas, Requian, Paradellas, Teimende e Os fios.

No concello de Pereiro de Aguiar leváronse acabo actuacións no lavadoiro; no alpendre de Chaodarcas de Arriba; mantemento das sendas Cortiñas- Cruceiro de Vales , Pereiro- O Vilar e Urb. Monterrei- Lamela.

No concello de San Cibrao das Viñas limpeza de mantemento na area recreativa do Corgo e  asentamento duns muros, limpeza de canles e muíños na Area recreativa da Boutureira

No concello de Xunqueira de Ambía realizaron labores de acondicionamento dos Lavadoiros: Casasoá Bobadela Busteliño Salgueiros Vilanova e tratamentos silvícolas en diferentes zona do Concello (Abeleda, Vilanova, Cima de Vila, Sobradelo, Traseira do Antigo Cuartel da Garda Civil, Velorio de Xunqueira de Ambía, O Palacio). No concello de Xunqueira de Espadañedo acometeron actuacións de acondicionamento de lavadoiros en Eirexa, O Campo, Ramil Pequeno, Abelleira, Praza da fonte e Obellariz así como tratamentos silvícolas sobre redes secundarias e terciarias de xestión da biomasa forestal