Imaxe renovada do Museo Etnográfico do Arenteiro

O muíño do Anxo ofrece dende hai unhas semanas unha imaxe renovada.

Ademais dunha nova iluminación e sinalización dos diferentes espazos que conforman o museo, un grupo de animais domésticos, adquiridos recentemente e que ían a colocarse no cortello da casa do muiñeiro, foron situados no exterior, amosando unha estampa insólita do conxunto, que agrada aos numerosos visitantes que se achegan estes días polo museo, sobre todo aos máis cativos.

AVANTAR ACTIVIDADES