O BNG esíxelle a PP e DO que deixen de xogar co Concello de Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

Os últimos movementos de ambas formacións demostran o que desde o BNG se ven apuntando desde o inicio do mandato, “Ourense impórtalles 0”

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense esíxelle a PP e DO respecto para a terceira cidade máis grande e importante do país e polo tanto respecto cara as veciñas e veciños que asisten atónitos e avergoñados a un continuo despropósito por parte dos socios de Goberno, máis centrados en réditos electorais e cuestións partidistas que en resolver os problemas da veciñanza.

HIPER MASIDE

O acontecido non día de hoxe é, segundo o BNG, unha nova mostra de que tanto a PP como a Jácome, Ourense non lles interesa absolutamente nada, demostrándose unha vez máis que o pacto asinado no seu día era exclusivamente para satisfacer apetitos persoais e, sobor de todo, para garantirlle a Baltar o control da Deputación provincial.

Segundo a formación nacionalista, se algo ten amosado o PP ao longo destes tres anos é que o seu único interese é manter a Deputación aínda que para iso haxa que afundir no caos e na parálise o principal concello da provincia como é o de Ourense.

Pola súa parte, Jácome, lonxe de aspirar a mellorar a vida da veciñanza e a transformar Ourense tal e como prometera en campaña, onde tamén avanzou que sería o dique de contención do PP e de Baltar, demostra cada día que pasa que o seu único interese á fronte da alcaldía é o medrar económicamente.

Desde o BNG emprazan aos socios de Goberno a deixar de xogar coa imaxe e cos intereses do concello, un concello que languidece e que lonxe de ser parte da solución aos problemas de veciñas e veciños estase a converter nun problema máis.