O PSOE do Irixo pide ó concello máis medidas de prevención fronte ó lume

O PSOE do Irixo presenta unha moción na que instan a que se tomen medidas preventivas fronte ó lume. Afirman que non é a primeira vez que o solicitan e que se acordou no seu día por unanimidade facer un plan de traballo para poder redactar un novo “Pladiga” introducindo as melloras plantexadas polos socialistas.

Afirman que existen graves carencias de medios que sofre o concello. Alertan de que fai poucos días aínda se convocaba a solicitude para a creación da brigada de incendios.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por todo isto, piden establecer e manter limpo un perímetro de seguridade en tódolos pobos, ter operativa as brigadas de prevención y extinción de incendios, instalar en cada pobo bocas de incendios conectadas ós depósitos de auga e limpar e recuperar os tanques e pantanos de regadío de tódalas parroquias.