O lume activo en Castrelo de Miño ascende xa a 147 hectáreas queimadas

A Consellería do Medio Rural desactivou esta mañá a medida preventiva de Situación 2 establecida onte no incendio forestal activo no concello de Castrelo de Miño, parroquia de Barral, pola proximidade ó núcleo de Pereiro.

Este incendio iniciouse ás 17,43 h. da tarde de onte e rolda as 147 hectáreas de superficie afectada provisional. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 2 técnico, 20 axentes, 41 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 11 helicópteros.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.