O Pleno Municipal de Ribadavia reclama que Xunta e Deputación apoien a Auga das redes veciñais.

– Reivindica o apoio e participación da Deputación Provincial e da Consellaría de Infraestruturas da Xunta na realización da obra contemplada no Proxecto redactado e aprobado no ano 2015 para As Chabolas, A Groba, O Seixo e Sanín.  

– Demanda a Augas de Galicia- Consellaría de Infraestruturas da Xunta de Galicia a elaboración e execución dun Plan de remate da rede municipal de subministro e saneamento e a súa conexión integral coa rede de auga e coa estación depuradora de augas residuais do concello de Ribadavia, para todos os núcleos do municipio que aínda non pertenzan á rede municipal e se queiran sumar.

AVANTAR ACTIVIDADES

No Pleno participaron e interviñeron representantes dos veciños para reivindicar o apoio da Xunta e Deputación ás súas demandas.