Programación das Xociviga: cine para todas as idades e masterclass

Dende hoxe ata o próximo domingo, terá lugar no Carballiño unha nova cita co cine, para todas as idades, ca celebración dunha nova edición das Xociviga (Xornadas de cine e vídeo de Galicia). E ademais traen moitas novidades. Amplíase a programación con respecto ao pasado ano cun total de 11 proxeccións.

Hoxe, cine pola mañá co filme “Lunáticos”. Pola tarde, tamén no auditorio, “Tres”, e ás 23:00 horas, no anfiteatro da Veracruz, ó filme “¿Que hicimos mal?.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para mañá venres, de novo cine infantil pola mañá, ás 11:00 horas, no auditorio Manuel María, co filme “Ainbo: a guerreira do Amazonas”. Pola tarde, ás 19:00 horas, no auditorio, “La voluntaria”, e pola noite, no anfiteatro da Veracruz, ás 23:00 horas, “Jacinto”.

Tamén mañá, terá lugar a segunda masterclass, a cargo de Liliana Torres, directora do filme “¿Qué hicimos mal?”.