O Psdeg de Punxín acusa ao goberno municipal de “aplaudir” e “apoiar” os recortes “masivos” levados a cabo no centro de saúde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Psdeg de Punxín acusa ao goberno municipal de “aplaudir” e “apoiar” os recortes “masivos” levados a cabo no centro de saúde e de “dar as costas” á veciñanza

As socialistas critican a postura do PP e do concelleiro non adscrito, que votaron en contra da moción que solicitaba a Consellería, que con “urxencia”, cubra a praza de médico titular do centro sanitario

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A voceira do PSdeG-PSOE, Lorena Peleteiro, considera que a postura de “inacción” do goberno municipal “pon de manifesto, unha vez máis, que Punxín e as súas xentes non son a prioridade do equipo de goberno e danlle igual os recortes e o desmantelamento de servizos”

 O PSdeG-PSOE de Punxín acusa ao grupo de goberno municipal do Partido Popular e o concelleiro non adscritos de “aplaudir” e “apoiar” os recortes levados a cabo pola Consellería de Sanidade no centro de saúde do municipio. As e os socialistas critican a postura dos populares, que votaron en contra da moción socialista que buscaba solicitarlle a consellería, que con carácter de “urxencia”, cubra a praza de médico ou médica titular do centro de saúde. Denuncian que o alcalde, Manuel Vázquez, e o seu equipo de goberno “danlle ás costas” aos veciños e veciñas, que viron como o goberno autonómico aplicaba a política de “desmantelamento e recortes” na sanidade pública municipal.

Dende o Grupo Municipal Socialista afirman que os argumentos do goberno municipal son “paupérrimos” e deixa en evidencia que a veciñanza de Punxín “non lle importa ao máis mínimo”, tras argumentar os conservadores que “isto é algo que está a pasar en máis concellos e non hai nada que facer”. As concelleiras socialistas amosaron durante o pleno o seu desacordo cos “recortes” e a redución de horarios impulsada polo goberno de Alfonso Rueda e afirmaron que esta situación “é un ataque frontal contra os servizos públicos máis básicos e importantes”.

As concelleiras socialistas alertan de que a postura do Partido Popular a nivel municipal demostra que “non lles importa o máis mínimo que se supriman servizos e se poña en perigo a prestación da atención sanitaria máis básica”. Dende o PSOE de Punxín denuncian que a día de hoxe a veciñanza de Punxín “non conta cunha sanidade en condicións óptimas, de calidade, seguridade e igualdade por culpa de decisións políticas que privarán aos veciños e veciñas de vivir nas mesmas condicións das que desfrutan o resto de galegos e galegas”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, afirma que “o que está acontecendo no centro de saúde de Punxín é un exemplo máis dos recortes masivos do PP na sanidade pública”. Cabe lembrar que trala xubilación da médica titular do centro de saúde, o horario de asistencia sanitaria reduciuse “drasticamente”. A edil socialista considera que a postura de “inacción” do goberno municipal “pon de manifesto, unha vez máis, que Punxín e as súas xentes non son a prioridade do equipo de goberno e que lles dan igual os recortes e a falla de servizos esenciais”.

Peleteiro Vázquez subliña que as socialistas “defendemos medidas que blinden a sanidade pública, e no caso do noso Concello, é urxente garantir o dereito a unha sanidade de calidade para as veciñas e veciños”. Neste senso, destaca que “é preciso que se cubra a praza do centro de saúde cun médico que preste o servizo nas mesmas condicións que se viñan prestando con anterioridade”.

As concelleiras socialistas apelan a “responsabilidade” do equipo de goberno e lémbranlles que as súas funcións e o motivo para o que foron elixidos, “non é outro que defender os intereses da veciñanza e pelexar por mellorar o municipio, algo que queda en evidencia que non está a suceder”. Esíxenlle ao PP e ao concelleiro non adscrito que “muden” o seu modelo de xestión e se poñan dunha vez por todas a “defender os servizos públicos no municipio e a loitar pola veciñanza”