O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén pon en liberdade a un carabo, unha curuxa e un falcón peregrino

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá  na liberación dun carabo, unha curuxa e un falcón peregrino tralo proceso de rehabilitación desenvolvido no Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio, pois non voaban e presentaban un peso máis baixo do normal.

Unha vez, comprobado que son capaces de voar e alimentarse por se mesmos, estas aves son liberadas na zona natural,  o máis próxima ao lugar de recollida.

AVANTAR ACTIVIDADES

O falcón peregrino está catalogado como unha especie silvestre en réxime de protección especial, unha listaxe na que se inclúen aquelas poboacións merecedoras dunha atención e protección particular, así como aquelas que figuren como protexidas en directivas e convenios internacionais ratificados por España.