O Psdeg de Ourense rinde homenaxe a Manuel Suárez, alcalde de Ourense fusilado na guerra civil

NOTA INFORMATIVA DO PSDEG-PSOE de OURENSE

Achegamos enlace a audio con declaracións do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, antes do acto en homenaxe a Manuel Suárez, alcalde de Ourense fusilado polos golpistas que auparon ao ditador, Francisco Franco. No audio faise referencia a diversos asuntos de actualidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Enlace:

https://drive.google.com/file/d/1KL-eNGzloDZHgKgd1NosMpTHI3NiWLxm/view?usp=drivesdk

No acto de homenaxe participaron o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso; o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafa Villarino e a secretaria da agrupación municipal do PSdeG-PSOE da cidade de Ourense, Natalia González.

Tamén interviron familiares do rexedor homenaxeado; Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria Histórica e Dereitos Humanos da CEM do PSdeG-PSOE de Ourense; Alba Iglesias, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense e Cristóbal Medeiros, secretario comarcal de UXT Ourense. O acto contou cunha proxección de mensaxes dos alcaldes e alcaldesas socialistas das cidades de Galicia.