O Bng do Carballiño critica que se permita o uso de espazo público (Parque Municipal ) para actos privados

PARQUE MUNICIPAL DO CARBALLIÑO

OUTRA FESTA MÁIS : UNHA NOVA AGRESIÓN.

AVANTAR ACTIVIDADES

É sabido que  na cidadanía  do Carballiño o tema do parque, uso e mantemento, segue a ser motivo de preocupación e de debate. Para os rexedores deste concello todo segue igual.

O Bloque Nacionalista Galego no Carballiño quere denunciar ante a veciñanza unha nova agresión cometida co consentimento e correspondente autorización do equipo de goberno do Concello.

Espazo púlico para entidade privada, coa autorización e aprobación do goberno municipal. O sábado, 30 de xullo do 2022, celebrouse un evento, de carácter privado, nun espazo público.

Esta celebración levouse a cabo na entrada principal do parque, na explanada en torno ao monumento dos irmáns Prieto. Acaso non hai outros espazos onde se minimizase a agresión?  O asfaltado da avenida do Arenteiro ou as Barcias non valerían ,unha vez máis non se regula o uso dos espazos.

Unha vez máis o descontrol nos usos do entorno é manifesto: transito de camións, instalación de grandes carpas, eventos masificados…

O medio non importa. Seguimos a destrozar o solo

Seguimos sen ter un proxecto sustentable para  co medio ambiente .Neste caso un proxecto que regule o uso dos espazo  natural no parque, un proxecto respectuoso para co medio.

Denunciamos, pois, a agresión que se esta a cometer coa natureza e demándamos do equipo de goberno o respecto e a dedicación necesaria para o mantemento e coidado do parque

Así se protexe o medio. Estraña protección do entorno.

É importante poñer en valor o ecosistema e o espazo que nos ocupa: conservación e mantemento desde un proxecto de desenvolvemento sostible.

Desde o BNG apostamos decididamente pola conservación e mantemento  do espazo e do ecosistema, así como da súa posta en valor, para uso e desfrute da cidadanía en xeral.