AVIA VERÁN BATEU RÉCORD DE PARTICIPACIÓN CON 108 NENOS E NENAS NO MES DE XULLO.
Rematado o campamento de conciliación no mes de xullo a valoración está sendo moi positiva para os usuarios e as súas familias como tamén para o Concello. Xullo pechouse cunha cifra récord con 108 nenos e nenas participantes no servizo de conciliación, un incremento importante respecto a anos anteriores, e que demostra a valoración positiva do Programa Avia Verán.
AVIA VERÁN EN AGOSTO.
O luns comezou a Conciliación do mes de agosto, e de novo faise aumentando matrículas. O Programa Avia Verán en agosto terá un total de 87 prazas, un crecemento importante para este mes, xa que o ano paso foran 60 prazas, e 54 en 2020.
Ademais, o Concello viuse obrigado a aumentar a súa oferta e acoller aos nenos e nenas que este ano remataron na Galiña Azul, xa que este centro da Xunta vai pechar no mes de agosto. Así, desde o Concello aumentouse o orzamento e tramitouse o cambio da normativa deste Programa de Conciliación para poder acoller a todos os nenos e nenas nacidas no 2019. O obxectivo é chegar a máis xente que necesita e demanda este servizo, sen deixar a ninguén fora do campamento AVIA VERÁN .
O Campamento de Conciliación de Ribadavia ten a súa sede será no Colexio da Alameda, e desenvolve as súas actividades, ademais de neste edificio, tamén noutros espazos como parques infantís, áreas de recreo, e a piscina municipal, ofrecendo un programa educativo e lúdico nos meses de verán nos cales os nenos non teñen colexio, facilitando en Ribadavia a conciliación da vida familiar e laboral a todas as familias.