Según a Cig os datos do paro rexistrado demostran a dependencia estrema de Ourense co sector servizos

O paro rexistrado no mes de xullo descende en todos os sectores produtivos (-35 en Agricultura, -7 en Industria, -16 en Construción e -37 nas persoas sen emprego anterior) agás no de Servizos, no que o paro aumenta en 274 persoas, o que conleva ao dato final dun incremento provincial de 179 traballadores.

Iso ven demostrar o que tantas veces temos denunciado da dependencia estrema da nosa provincia co sector Servizos, o que se caracteriza pola súa eventualidade e precariedade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por outra parte, aínda seguen sendo temporais mási do 65% dos contratos que se asinan, o que contradí claramente as euforias comunicativas do Ministerio de Traballo e dos sindicatos que transmiten o seu argumentario.

Se a iso lle engadimos que a estas alturas, segundo datos da EPA, máis da metade dos traballadores en activo de Galicia, traballa con contratos a tempo parcial. E que o 60% dos contratos indefinidos son a tempo parcial ou fixos descontinuos, concluímos que se está xerando un emprego precario e feble, que incide no concepto de “persoa traballadora / persoa pobre”. O ter traballo non garante saír da pobreza, e menos cos intolerables índices de suba de prezos.

Seguimos demandando outro modelo económico e socio laboral.

Valoramos determinadas medidas que se adoitan desde o actual goberno, pero son a todas luces insuficientes para coa clase traballador, e timoratas para coas grandes empresas de sectores como a banca ou enerxéticas.

Urxe a inmediata INTERVENCIÓN na ECONOMÍA desde os gobernos central e autonómico, para redistribuír a riqueza, que si que existe (non esquezamos que a pesares de todo a economí segue a medrar).

Basta xa de socializar as perdas e privatizar as ganancias.