A sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro acolleu a cata dos Gallaecia 2021

A sala de catas do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, en Ribadavia, foi o escenario da cata para a concesión dos galardóns “Distincións Gallaecia 2021” aos mellores viños e para a elaboración da edición 2022 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia. Nela participaron 130 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos e tintos que foron catados por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados. Desta cata sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos.

Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como unha das máis interesantes. “Dela destaco o equilibrio e a elegancia dos viños da colleita 2020 á que se lle augura un gran futuro. Tamén quero salientar a complexidade nos viños de anadas anteriores. Nos tintos obsérvase unha gran evolución destacando a súa boa entrada en boca e o bo trato que se está a facer coas crianzas en barrica. En resumo, os do Ribeiro son viños elegantes e de gran persistencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os profesionais que formaron o panel de cata foron:

  • Alberto Ruiz                     Asociación de Sumilleres de Asturias (Oviedo)
  • Alejandro Moreno            Chef (Madrid)
  • Alejandro Paadín             Vicepresidente Gallaecia (CEO Paadín Eventos-A Coruña)
  • Aurelio Vázquez               Presidente Gallaecia (Propietario Casa Aurelio – Santa Comba)
  • Daniel Cortés                    Sumiller Vinoteca La Mercería (Madrid)
  • Isidro Roddríguez            Membro da Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Javier Facal                       Sumiller Grupo A Mundiña (A Coruña)
  • Joel Forján                        Sumiller Casa Aurelio (Santa Comba)
  • Juan Andrés Gómez          Membro da Asociación de Sumilleres de Zamora
  • Luis Paadín                       Director Guía de Vinos de Galicia (A Coruña)
  • Manuel Corralero             Sumiller-Xefe de Sala Restaurante Esencia (Santiago de C.)
  • Natalia Cid                        Tesoureira  Gallaecia (A Coruña)
  • Pablo Vidal                       Adegueiro
  • Pedro Sestayo                    Secretario Gallaecia (Presidente Tribunal IES Xunta de Galicia – Pontevedra)
  • Santiago Castro                Director Técnico C.R.D.O. Toro
  • Víctor López                        Sumiller Viñoteca O Carro (A Coruña)
  • Xabier Barcala                    Sumiller Viñoteca Comoviño (Santiago de Compostela)