O templo da Veracruz acollerá este venres o primeiro concerto do ciclo “Xacobeo en Cámara”

O Carballiño, en concreto o templo da Veracruz, será a primeira parada do ciclo de concertos “Xacobeo en Cámara”, que foi presentado esta mañá. A actuación da Orquestra de Cámara Galega será este próximo venres, ás 21:00 horas, no templo carballiñés, e comezará así unha xira por Bens de Interese Cultural de Lugo e Ourense. Falounos máis deste concerto o director da orquestra.

O delegado da Xunta en Ourense destacou o cambio tras a pandemia no formato de concertos, diversificando, o que permite esta programación de cámara e tamén un Xacobeo que quere amosar a todo o mundo o potencial galego.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte dun dos patrocinadores, Caixa Bank, quixeron amosar a súa intención de traballar a prol de Galicia con iniciativas culturais coma esta, patrocinando tanto grandes concertos como eventos deste tipo.

Tanto o párroco do Carballiño, Jorge Juan Pérez, coma por parte do concello, Manuel Dacal, quixeron convidar a todos a acudir, destacando ambos o templo como un lugar excepcional para desfrutar da música e facendo ademais mención a esta programación da Festa do Pulpo adicada ó Xacobeo.