Boborás recupera este sábado a Feira do Castro de Moldes, con mercado e xantar

Este próximo sábado, día 6 de agosto, terá lugar a 3ª Feira do Castro de Moldes, en Boborás, que dará comezo dende as 10:00 horas da mañá, na Carballeira. No ano 2018, dende o concello quixeron recuperar as tradicións e fixérono traen de novo tanto esta feira como a de Feás, que xa tivo lugar este verán.

Nesta ocasión haberá música en directo, mercado de produtos frescos e artesanía así como de alimentación, xogos infantís, entre outras novidades. E tamén haberá un recinto para o xantar, con pulpo, carne ó caldeiro e churrasco.

AVANTAR ACTIVIDADES