O concello porá á venda as entradas para o recinto da Festa do Pulpo este venres día 5 dende as 09:00 horas nas oficinas municipais

A Festa do Pulpo volve ó seu formato tradicional, paralizado pola pandemia durante dous anos, e ademais dunha ampla programación cultural, a vila xa está decorada para o seu gran evento estreando ademais recoñecemento internacional. Hoxe soubemos un pouco máis de como se poderá desfrutar dela, da man do concelleiro de turismo, Manuel Dacal, quen confirma a redución de aforo para o recinto municipal.

Mañá pola mañá poranse á venda as entradas, dende as 09:00 horas nas oficinas municipais. Deberase facer a reserva presencial, executando o pago de 30 euros por entrada no momento, e as entradas serán entregadas a próxima semana. Serán un pouco máis de 400, restando outras tantas que serán invitacións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os interesados poderán adquirilas ao prezo de 30 euros, inferior ao custe real do menú que se ofrecerá, dado que debido a inflación e ao incremento do pulpo, ten un prezo real de 47 euros. A diferenza será asumida polo Concello de Carballiño, por ser 30 euros o prezo establecido pola ordenanza que o regula, o que tamén xustifica en parte a redución do número de comensais no recinto.

Así pois, despois de dos anos de pandemia e pese a que as gañas de desfrutar dunha celebración que fará do Carballiño o epicentro das festas gastronómicas do país, o goberno local optou por asumir os principios de cautela e seguridade. Así, o aforo no recinto será de 800 persoas, en lugar das 1.200 previas á pandemia. Unha parte dese aforo resérvase para o dispositivo de seguridade e sanitario, integrado por máis de 100 persoas, así como para as autoridades locais, galegas e nacionais, os patrocinadores e os medios de comunicación, algúns internacionais, que co seu traballo edición tras edición axudaron a converter a Festa do Pulpo nun referente gastronómico mundial, ratificado agora coa Declaración de Interese Turístico Internacional.

Cómpre recordar que nesta edición da Festa do Pulpo, os pulpeiros do Carballiño intentarán bater un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo, de  515 quilos de cefalópodo. Serán 15 kilogramos máis que o ano pasado, cortados por unha trintena de profesionais.  Será o próximo martes, na Praza Maior.

Por parte da formación de Espazo Común criticouse este feito, calcificándoo de “pouco xusto e indigno dun evento deste calibre que impide que xente habitual da festa de fóra do Carballiño teña opción algunha de adquirir entradas”.

Exiximos que a venda de entradas se faga con transparencia e un uso claro dos recursos públicos, posibiltando que calquera que o desexe teña acceso a elas.

Manuel Dacal asegura que esas invitacións están destinadas a políticos, autoridades, patrocinadores e corpos e forzas de seguridade. Afirma que as restantes son poucas, e que lles gustaría poder ofertar máis, pero que priman dar un servizo de calidade.

En canto ó propio día da festa, haberá animación e a recepción de autoridades será ás 13:00 horas. Haberá o mesmo número de pulpeiros e postos, coma noutros anos. En canto ó bares, presentáronse so dous locais que estarán nunha zona proposta e acotada para a xuventude, ca finalidade de preservar o control do evento.