O Novo Cine de Leiro ofrece unha triple carteleira para esta fin de semana

O Novo Cine de Leiro trae para esta fin de semana unha carteleira completa pensando nos pequenos da casa. Trátase de tres filmes infantís. O primeiro, “Los Minions. El origen de Gru”, poderase ver o venres, sábado, domingo e luns e xoves próximos ás 16:00 horas. “La liga de las supermascotas” poderase ver o venres, sábado, domingo e luns e xoves próximos ás 18:15 horas e, por último, “Thor. Love and Thunder”, que se poderá ver o venres e sábado ás 20:30 horas e ás 22:30 horas e o domingo e luns e xoves próximos ás 20:30 horas.