Castrelo celebra a 27ª edición da Festa da Anguía, ata o próximo sábado

O concello de Castrelo de Miño deu o pistoletazo de saída onte xoves a súa festa gastronómica da anguía, que alcanza a súa 27ª edición. Terá lugar ata o sábado día 6, en Barral. Para o alcalde, poder inaugurar de novo esta festa despois da pandemia é unha satisfacción, agradeceu o traballo feito pola asociación e os voluntarios e convidou a todos a desfrutar da festa.

Nesta xornada inaugural estiveron presentes autoridades como Emma González por parte do Inorde, e tamén o delegado da Xunta en Ourense quen puxo en valor o esforzo feito pola recuperación da cultura e o patrimonio cas festas gastronómicas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe pola noite aínda chegan ó gran festival que estará a cargo da orquestra Panama Band e da discoteca móbil Euphoria. O sábado 6, o grupo Mestre porá a nota musical á verbena desta última xornada festiva. Os asistentes poderán degustar anguías do 4 ao 6 a partir das 20:00 h.