Agosto deportivo nos concellos de Carballeda de Avia e Castrelo de Miño

Os Concellos de Carballeda de Avia e Castrelo de Miño organizarán este mes de agosto un programa de actividades deportivas para rapaces e rapazas maiores de 12 anos.
Os participantes poderán practicar Paddle surf, Windsurf, Kayak e Hidropedal no embalse de Castrelo, da man do Club Naútico de Castrelo de Miño, cada xoves a partir do 11 de agosto; e iniciarse na escalada Búlder, modalidade de escalada de pequenas paredes sen necesidad de corda, con Asesou, Asociación de Escaladores de Ourense (datas pendentes de concretar).


A iniciativa parte do éxito que tiveron estás actividades o pasado verán 2021 no Concello de Carballeda coa participación dos mozos e mozas do concello e como preludio dun proxecto entre os alcaldes para incentivar a actividade deportiva por medio dos Clubes da zona, no que se pretende involucar a máis Concellos e Clubes da comarca.
O que buscamos con este tipo de iniciativas e favorecer a vida saudable dos máis novos e que coñezan os recursos que lles ofrece o seu Concello e os de o redor, tanto en ocio como a nivel deportivo.
Estas actividades permitirán que os mais xoves coñecer mellor o seu entorno e as posibilidades que lles ofrece por medio da práctica destes deportes que non son tan habituais, polo que ademais de incentivar a vida saudable abrimos posibilidades a novas aficións. Castrelo de Miño dispón dun embalse ideal para a realización de actividades acuáticas e Carballeda de Avia o diamante en bruto que supón Pena Corneira para a escalada, actividade de moito éxito e fama internacional.
Os deportes acuáticos na actualidade están gañando cada vez mais adeptos, non só na época estival senón durante todo o ano, tendo un amplo abanico de posibilidades. En Castrelo de Miño contan con un espazo ideal para poder practicalos e cada vez mais persoas se animan a probar cada ano.
En canto a escalada, é un deporte moi completo e esixente tanto a nivel físico e mental, e tamén cada vez máis persoas se animan a iniciarse no mesmo. A Asociación de Escaladores de Ourense está crecendo en número de socios, con moitos cativos nos cursos que ofrece ao longo do ano. En Carballeda de Avia contan coa zona de Pena Corneira, visitada por escaladores tanto a nivel nacional e internacional que se achegan sobre todo practicar a modalidade boulder nos numerosos bolos graníticos que decoran a serra.
Os participantes dos dous concellos poderán compartir estes momentos lúdicos durante catro semanas e así favorecer as relacións interpersoais.
Ademais, promovese a mobilidade entre concellos non só dos rapaces, senón de país e coñecidos, e así, indirectamente outros aspectos dos mesmos como a turismo, a relacións comerciais…
As actividades teñen previsto iniciarse na segunda semana de agosto ata a primeira de setembro, están dirixidas a maiores de 12 anos (14 anos no caso da escalada), para as actividades acuáticas e imprescindible saber nadar.
Serán de balde e limitadas aos empadroados nos Concellos de Carballeda de
Avia e Castrelo de Miño.
Nos próximos días abrirase o prazo de inscrición estade atentos a páxina web e de Facebook dos Concellos, onde se publicará a información necesaria. A prazas son limitadas

AVANTAR ACTIVIDADES