O ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón concede un premio ao carballiñes Gabriel Álvarez Martínez

O pasado 4 de agosto, o Ministerio de Asuntos Exteriores do Xapón anunciou o nome dos premiados coa Distinción do Ministro de Asuntos Exteriores do ano fiscal 2022. Unha distinción outorgada a 197 persoas e 48 grupos en todo o mundo.

No caso do estado español, a distinción correspondeu á deportista Sandra Sánchez Jaime, campioa de karate, e ao tradutor carballiñés Gabriel Álvarez Martínez por teren contribuído de xeito destacado a fomentar as relacións de amizade co Xapón, e como recoñecemento ao seu traballo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Álvarez Martínez, doutor en Tradución e Paratradución pola Universidade de Vigo, realizou un mestrado de lingüística e comunicación na Universidade de Kobe, cidade na que residiu entre os anos 2010 e 2014.  No ámbito profesional, ten traducido ao galego e ao castelán numerosas obras de literatura e banda deseñada xaponesas.