Arnoia celebrou a 43ª edición da Festa do Pemento, de volta na Queixeira

A Festa do Pemento de Arnoia, o seu produto gastronómico por excelencia, declarada Festa de Interese Turístico Galego, celebrou esta fin de semana a súa 43ª edición volvendo ca celebración tradicional na Queixeira. Esta festa, goza dun gran recoñecemento, e este ano recuperou a súa afluencia característica, para gozar da música e do produto local en todas as súas variedades. O alcalde, Rodrigo Aparicio, recordou o esforzo feito por recuperar tradicións logo da pandemia.

O presidente do parlamento, Miguel Santalices, entre outras autoridades en representación da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense estiveron nesta festa. Santalices destacou esta festa como unha tradición de raíces e como unha volta ós eventos entre amigos e familia.

AVANTAR ACTIVIDADES

O pregón foi a cargo de Carlos Blanco e durante a fin de semana tiveron lugar outros eventos como a Concentración de Clásicos do Ribeiro Podedes ou a Carreira Popular 8000 Varas.