A Deputación avanza novas liñas de colaboración co Concello de A Teixeira en servizos sociais e infraestruturas

Manuel Baltar e o alcalde deste municipio, Miguel Antonio Cid, examinaron novos proxectos de cooperación relativos á construción dunha residencia de maiores e a mellora dun tramo da OU-0606

Ourense, 8 de agosto de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde de A Teixeira, Miguel Antonio Cid, para repasar o estado das actuacións desenvolvidas polo goberno provincial neste municipio e examinar novos proxectos de colaboración en materia de servizos sociais ou na mellora de infraestruturas viarias. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste encontro de traballo, Manuel Baltar atendeu ás propostas do alcalde, avanzando o apoio da administración provincial ao proxecto de construción dunha residencia de maiores en A Teixeira. Miguel Antonio Cid tamén prantexou como prioritaria a mellora dun tramo da OU-0606, que conecta Pedra de Sol e o núcleo de A Teixeira. 

O presidente da Deputación enmarca esta reunión dentro das xuntanzas axendadas dun xeito periódico con este alcalde para coñecer de primeira man as necesidades e demandas do Concello e da súa veciñanza, resaltando o “bo traballo de Miguel Antonio Cid e do seu equipo, sempre activos na procura e execución de proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños”. 

Pola súa banda, o alcalde de A Teixeira quixo recoñecer a “receptividade do presidente e da Deputación” ante as necesidades dos concellos do rural: “Como administración máis próxima ao territorio, o goberno provincial sempre está aí blindando o seu apoio a proxectos que serían imposibles de realizar sen a súa colaboración”.