A Deputación destina 230.000 euros na segunda fase da reforma do balneario de Berán

A Deputación de Ourense segue na súa aposta firme polo termalismo provincial dando un paso máis para a reapertura do balneario de Berán, en Leiro. Nos últimos días anunciaba a licitación da segunda e última fase das obras, dentro do Plan Termal, cun presuposto de 230.000 euros e que prevé que poida estar dispoñible para o seu uso no próximo ano.

Os traballos consistirán no acondicionamento do soto e caldeiras, colocación de equipos termais, mobiliario, limpeza, urbanización do exterior entre outras melloras. Este será un referente máis dentro do potencial turístico do concello.

AVANTAR ACTIVIDADES