Nota informativa do Bng sobre a emerxencia no abastecemento de auga do concello de Ribadavia

No mediodía de hoxe celebrouse unha xunta de portavoces dos grupos municipais de Ribadavia, cando xa se publicara por parte do Concello unha actualización das medidas de restrición do abastecemento de auga.

Ademais non estaba presente ningún representante da empresa que xestiona o servizo, o cal impediu que se puideran contrastar as informacións e recoller máis datos técnicos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o BNG propuxemos que se incentive o aforro de auga, bonificando a quen consuma menos da media e fixando multas para quen realice un consumo inxustificado, a través dun control exhaustivo dos contadores.

Insistimos en que se lle garanta a todos os barrios e poboacións un mínimo subministro diario, para que non volva pasar coma nesta fin de semana, en que boa parte do concello estivo 40, 48 e incluso máis horas seguidas sen auga. Entendemos que a situación é complicada pero, de cara a unha captación alternativa, o caudal do Avia está tamén baixo mínimos. Non queremos que suceda a súa práctica seca como acontece co Maquiáns, polo que entre as propostas que levamos á xunta de portavoces está que se estude a activación da captación no Miño mediante o bombeo que no seu día se construíu en Santa Cristina e que nunca chegou a funcionar. Pois Ribadavia necesita unha captación de emerxencia que se poida utilizar en situacións como a actual e o río Miño é o único que pode abastecer con garantías dito caudal de emerxencia.